Alternativas á banca

A Asociación Alén Nós e a Asociación de Consumo Responsábel Loaira organizan unha mesa redonda sobre “Às alternativas á banca”, que se celebrará o día 5 de maio ás 20:30h no Multiusos da Xunqueira.

A charla, contará coa presenza de membros de FIARE, AIS O PETO e COOP 57,

que nos explicarán cómo estes proxectos poden ser unha alternativa á banca desde unha perspectiva social.

O noso obxectivo é dar a coñecer unha alternativa ó sistema financeiro convencional, no que a través dun modelo máis transparente e participativo, os seus usuarios/as decidan que se ha de facer cos seus cartos.

Os fabricantes reducen a vida útil dos produtos para incentivar o consumo

“Mercar, tirar, mercar”, un documental que se ven de estrear en TV3 e que tamén se poderá ver en TVE, denuncia unha práctica habitual por parte da industria: a obsolescencia programada. É dicir, a vida dos produtos acórtase premeditadamente para incentivar o consumo. Medias que rompen cando existen febras irrompíbeis, baterías de reprodutores mp3 deseñadas para ter unha duración curta… e muitos outros exemplos.

Fotografía de Andrew McConnell

O documental, ademais, tamén revela como moitos destes produtos de consumo rápido rematan en vertedeiros no Terceiro Mundo. “Ás veces tosemos e pómonos enfermos”, declaran nenos e nenas que queiman plásticos neses vertedeiros para recuperar metais. Máis info en Público.

P.S. Agora tamén se pode ver en youtube

O 21 de agosto de 2010 entramos en déficit ecolóxico

O 21 de agosto de 2010 o consumo desaforado de parte da Humanidade xa tiña devorado todos os recursos que o planeta produce nun ano. É dicir, todo o que consumimos dende ese día son recursos que non se repoñen. Estamos a desbaratar os nosos aforros ecolóxicos .

Este día no que entramos en débeda ecolóxica chega cada ano máis cedo, o que debería acender todas as alarmas e levarnos a por fin a un sistema irracional e insostíbel. Pois mentres o planeta se esgota, desbaldamos recursos absurdamente. Na New Economics Foundation (en inglés) apuntan algúns exemplos do último ano sobre o Reino Unido, que:

  • Exportou 131.000 toneladas de chicle a España e importou 125.000
  • Exportou 3.300 toneladas de xoguetes a Nova Zelandia e importou 2.400 de volta
  • Exportou 43.ooo toneladas de caramelo a Francia e importou 39.000 á súa vez.

Apaguem esses néons!!!

Ativismo e imaginação na França. O “clan du Néon” abriu uma nova fronte de ativismo social. Reivindicam, mediante a ação direta não violenta, o apagado dos néons, pois acham que os manter acessos resulta um esbanjamento energético e uma agressão publicitaria que não faz sentido. Têm grupos ativos nas principais cidades do país. As luzes de néon são uma das fontes de poluição luminosa dos nossos espaços públicos…

Campanha Compra pública responsável


O concelho de Ferrol vem de aprovar uma moção, a iniciativa das organizações Amarante e Verdegaia, que supõe um compromisso por introduzir na administração municipal critérios recolhidos na campanha por uma compra pública responsável. Na Galiza, só  Ribadeo e Boiro subscribiram, com anterioridade, esta iniciativa.
A compra pública responsável estabelece critérios de compra e contratação nas administrações públicas com a ideia de virar o gasto público numa ferramenta de transformação cara a sustentabilidade ecológica e a justiça social.

Mais info