Nova feira de troco o sábado día 12 de xuño

Este vindeiro sábado 12 de xuño nos soportais do concello de Redondela celebraremos dende as 11:00h unha nova edición da nosa bimensual Feira de Troco. Nesta ocasión, @s amig@s de Millo Verde tiveron a xentileza de acollernos dentro da programación do seu IV Festival Alternativo. Animámosvos a participar no Troco e no resto das interesantísimas actividades que nos agardan esta fin de semana!