Sobre Loaira

Quen somos?

Somos unha asociación sen ánimo de lucro comprometida coa saúde, o medio ambiente e o consumo responsábel e sostíbel.

Onde estamos?

Dispomos dun local na rúa Campos das Redes, nº 25, baixo. Redondela. Podes contactar con nós no noso enderezo electrónico:
loairabio@gmail.com

Cales son os nosos obxectivos?

  • Fomentar a produción e o consumo de produtos ecolóxicos.
  • Apoiar aos produtores locais de agricultura ecolóxica.
  • Contribuír á conservación do medio ambiente.
  • Alertar sobre o consumo de produtos potencialmente perigosos.

Que son os produtos ecolóxicos?

Son todos aqueles produtos de orixe vexetal ou animal obtidos dunha forma natural e respectuosa co medio ambiente sen a utilización de produtos químicos e libres de OMX (transxénicos).

Por que consumir produtos ecolóxicos?

  • Porque son máis nutritivos, saborosos e saudábeis, ao non conteren residuos químicos nin organismos modificados xeneticamente (OMX).
  • Porque contribuímos a fomentar un sistema produtivo sostible: mellora a paisaxe rural, favorece a biodiversidade e libera a terra da sobreexplotación e da contaminación indiscriminada polo uso de pesticidas, abonos químicos e monocultivos.
  • Porque a agricultura ecolóxica é un modelo de desenvolvemento socioeconómico e de consumo respectuoso coas xeracións vindeiras.