Coop57 na Galiza

coop57-galicia
Neste tempo de crise do sistema capitalista que, seguindo a doutrina do shock apuntada por Naomi Klein, está a ser aproveitado polos grandes poderes económicos para usurpar dereitos da clase traballadora, saquear os estados e aniquilar o estado do benestar, faise máis preciso que nunca reaxir. Un paso importante nesta dirección sería deixar de alimentar co noso diñeiro o monstro que nos devora.  A recén constituida cooperativa de servizos éticos e solidarios Coop57-Galicia ofrécenos a oportunidade de que o destino dos nosos aforros sexa coherente cos nosos principios éticos . Paga a pena dar o paso.

Unha reflexión sobre “Coop57 na Galiza

Os comentarios están pechados.