Feira de troco

Que é o mercado de troco?
O troco é  un sistema de intercambio de bens onde o valor das cousas non o decide o seu prezo senón o seu valor de uso. Algo que para ti chegou a ser inútil, pode resultar interesante e servible para outra persoa!

Por que é unha boa idea?

  • Porque REUTILIZAMOS as cousas antes de tiralas ao lixo.
  • Porque REDUCE A DEPENDENCIA DO MERCADO CONVENCIONAL ao xestionar nós mesmos as nosas pertenzas prolongando a súa vida.
  • Porque COMBATE O CONSUMISMO esaxerado e sistemático reducindo a explotación de materias primas, enerxía, embalaxes, transportes…
  • Porque se basea nun SISTEMA DE INTERCAMBIO IGUALITARIO, onde non importan os nosos cartos senón os obxectos a trocar.
  • Porque favorece a INTERRELACIÓN CON PERSOAS da comunidade na que vives.

Como participar?
É moi sinxelo! Pensa na cantidade de cousas que tes na casa en bo estado pero que xa non utilizas. Elixe 6 como máximo e achégate á Feira de Troco que se celebra o terceiro sábado de cada dous meses, onde recibirás un vale por cada unha delas. Ti mesmo elixirás outros tantas cousas entre as expostas na nosa feira de troco, e que á súa vez outros veciños e veciñas cederon para poder participar.